Os humanistas non queremos amos; non queremos dirixentes nin xefes, nin nos sentimos representantes nin xefes de ninguén.
Os humanistas somos internacionalistas, aspiramos a unha nación humana universal. Comprendemos globalmente ao mundo en que vivimos e actuamos no noso medio inmediato. Non desexamos un mundo uniforme senón múltiple.
Documento Humanista.

martes, 9 de diciembre de 2008

Breve e subxectiva crónica do Foro Social Galego


Este pasado sábado asistín á presentación da Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia que fixeron os amigos de Mundo sen Guerras e do Seminario Galego de Educación para a Paz, que por certo tamén presento o Foro Mundial de Educación a celebrar en S. de Compostela no 2010, no Foro Social Galego. Neste Foro deuse a coñecer o tramo galego-portugues da M.M. que, en principio, pasará por Fisterra, A Coruña, S. de Compostela, Vigo, Tui, Porto e Lisboa.

Pero centrándonos no que é o Foro, que titula e motiva esta crónica, dicir que vin unhas 20 organizacións presentes, con chiringuitos e materiais de difusión, cousa que evidencia unha escasa presenza. Faltaba cantidade e diversidade.
Tampouco vimos unha gran afluencia de xente, que si de choiva, pero é destacable e moito, o climilla que circulaba polo Foro. Era algo difuso pero se percibía rapidamente: é momento de grandes cambios. Tal vez o inconcreto do camiño a seguir é o que fai que ese sentir xeral quede difuso. Se a iso sumámoslle o control ao que os inmovilistas sométennos e que algunhas propostas de futuro son unha volta ao pasado, parece non aclarar os camiños a construír. Aínda que habelos ailos.

Esperamos, mellor dito desexamos, que ese sentir siga medrando e xere as novas formas de acción necesarias nestes tempos. Se queremos aprender da nosa propia historia, tal vez deberiamos superar esa condición animal e prehistórica que é a violencia (estendida neste momento e raíz deste sistema) e aprender a andar nos camiños da non violencia como alternativa a este mundo.

No hay comentarios: