O Consello Federal do Partido Humanista, fixo chegar aos medios un comunicado de apoio ás manifestacións que, en contra do atraso da idade de xubilación, terá lugar en distintas cidades de España. O comunicado di así:
"Os humanistas expresamos a nosa oposición frontal á proposta do Goberno, que non só é ineficaz respecto ao suposto problema que pretende resolver, senón que é inxusta, e insolidaria. Reiteramos a nosa posición a favor dun sistema de pensións que pivote sobre a idea de que o dereito a percibir unha pensión e o importe desta non estea relacionado cos anos de cotización senón, simplemente, coa idade ou o esgotamento producido pola características do traballo realizado ou a longa dedicación á actividade laboral. Aspiramos a un sistema de pensións financiado desde os orzamentos xerais do Estado e non mediante o actual sistema de Seguridade Social que é fiscalmente regresivo e desalienta a contratación.
Os humanistas aplaudimos a decisión dos sindicatos maioritarios de convocar as manifestacións do 23 de febreiro. Comprendemos e ata compartimos as reservas de moitas persoas ante unha convocatoria realizada por CCOO e UXT, organizacións que ata agora foron tolerantes cun goberno baixo cuxa xestión millóns de persoas perderon o seu traballo, quedando moitas delas sen ningunha clase de protección social. Aínda que non temos certeza sobre as intencións destas organizacións nin sabemos se terán a valentía de convocar unha folga xeral na eventualidade de que o Goberno manteña a súa proposta, cremos que o atentado contra os dereitos dos traballadores é de tal magnitude que as reservas que puidese haber respecto dos sindicatos convocantes deberían, ao noso xuízo, pasar a un segundo plano.
Por todo o anterior, animamos aos nosos simpatizantes e a todos os cidadáns a acudir masivamente o día 23 de febreiro ás manifestacións contra o atraso da idade de xubilación e a levantar as súas voces contra o atropelo que pretende o Goberno Zapatero."
Un lugar donde comparto mis opiniones, catarsis e intentos tranferenciales.
Os humanistas non queremos amos; non queremos dirixentes nin xefes, nin nos sentimos representantes nin xefes de ninguén.
Os humanistas somos internacionalistas, aspiramos a unha nación humana universal. Comprendemos globalmente ao mundo en que vivimos e actuamos no noso medio inmediato. Non desexamos un mundo uniforme senón múltiple.
Documento Humanista.
Os humanistas somos internacionalistas, aspiramos a unha nación humana universal. Comprendemos globalmente ao mundo en que vivimos e actuamos no noso medio inmediato. Non desexamos un mundo uniforme senón múltiple.
Documento Humanista.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario