Outra vez hai eleccións e a min, de novo tócame participar. Presentome ccandidato polo Partido Humanista. E non e que o faga a desgusto, que non é iso, se non estou canso de escoitar sempre as mesmas parvadas dos mesmos parvos.
Para aqueles que me queiran coñecer un pouco máis, pois que vexan o primeiro post deste blog. Nada mudou, pasou un ano. A crise que me convido a traballar na casa medrou e eu sigo na fase de formación en busca de emprego, mentres fago as tarefas domesticas.
Dende entón, participei nunha campaña contra o Escudo Espacial que queren poñer coa susodicha base militar na República Checa, recollin sinaturas pola retirada das tropas invasoras de Iraq, colaborei na Festa de Diversidade, fun ao Foro Social Galego, e, por suposto continuei co mellor programa de radio nas ondas coruñesas entre as 20.00 y as 21.00 todos os sábados no 103.4: El Kamikaze.
En din un ano máis vello, máis achaques e a mesma ilusión por un mundo de igualdade de oportunidades e onde o ser humano sexa o principal valor. Que nin patria, nin estado, nin deus, nin mercado, nin rendibilidade estea por enriba do ser humano. Por que de iso ninguén fala, excepto os humanistas.
Eu me pregunto que houbese pasado si en vez de dar cartos aos bancos existisen os Bancos Municipais sen xuros, pois que eses cartos estarían nas mans da pequena e mediana empresa creando tecido produtivo e non tapando buratos da Banca especulativa, por exemplo.
Cando o que se quere é facer remendos aos calzóns, o cu sempre quedará ao aire. Niso andan os nosos dirixentes.
Un lugar donde comparto mis opiniones, catarsis e intentos tranferenciales.
Os humanistas non queremos amos; non queremos dirixentes nin xefes, nin nos sentimos representantes nin xefes de ninguén.
Os humanistas somos internacionalistas, aspiramos a unha nación humana universal. Comprendemos globalmente ao mundo en que vivimos e actuamos no noso medio inmediato. Non desexamos un mundo uniforme senón múltiple.
Documento Humanista.
Os humanistas somos internacionalistas, aspiramos a unha nación humana universal. Comprendemos globalmente ao mundo en que vivimos e actuamos no noso medio inmediato. Non desexamos un mundo uniforme senón múltiple.
Documento Humanista.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario