
O pasado mércores 17 tiven o pracer de estar presente na presentación pública de Namentras, asociación socio-político-cultural que nace coa intención de xerar debate entre a xente que esta fronte ao pensamento único.
Xurdida entre veteranos militantes de esquerdas, talvez desencantados, abre unha porta a un esperanzador diálogo.
O acto do pasado mércores foi moi descritivo de en que situación esta a esquerda tradicional, polo que recomendo a estes amigos unha lectura, se é posible detallada, da 5º carta de "Carta a mis amigos. Sobre la crisis social y personal en el momento actual" de Silo, quen sabe se un pouco desfasado nos momentos actuais tan cambiantes e rápidos para un escrito do ano 92.
Queixumes , frustración e desesperanza tomaron o corazón, desprazando solidariedade, xustiza e igualdade.
Pero non todo é tristeza cando xorde unha iniciativa como Namentras.
Neste primeiro acto falouse sobre a crise, a económica que tanto esta de moda. Sen dúbida calquera cambio terá que apartarse dos métodos e valores que propón o sistema, a saber: violencia, discriminación, intolerancia, difamación, oportunismo, uniformidade, onde o beneficio está por encima de calquera cousa, país ou persoa.
Dou a benvida a este mundo a Namentras desde o meu pequeno recuncho, esperemos que o seu achegue non sexa aplacado polo avance dos violentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario