Os humanistas non queremos amos; non queremos dirixentes nin xefes, nin nos sentimos representantes nin xefes de ninguén.
Os humanistas somos internacionalistas, aspiramos a unha nación humana universal. Comprendemos globalmente ao mundo en que vivimos e actuamos no noso medio inmediato. Non desexamos un mundo uniforme senón múltiple.
Documento Humanista.

jueves, 21 de mayo de 2009

Lei de partidos: partindo a democracia.


Ante a, cada vez máis, inquietante represión do Estado, merece a pena a difusión deste comunicado.

O Partido Humanista pide a derogacion da lei de partidos

O recente proceso de ilegalización da candidatura de "Iniciativa Internacionalista" posto en marcha pola fiscalía do estado e avalada polo tribunal supremo denota o inxusto que resulta a aplicación arbitraria da Lei de Partidos.

Desde o Partido Humanista vimos denunciando desde a súa aprobación a Lei de Partidos por considerar que atenta contra o dereito de sufraxio de miles de cidadáns.
Esta lei aprobada durante o mandato do PP co apoio do PSOE só beneficia a eles mesmos. Esta Lei, é demasiado imprecisa na súa forma e os seus procedementos e na práctica pode servir para apartar a opcións políticas que contan co apoio de miles de cidadáns, alegando que estas opcións "son próximas ao mundo de ETA".

Os humanistas rexeitamos a violencia veña de onde veña e consideramos que as razóns da aprobación da lei de partidos son menos éticas das que esgrimen os nosos partidos maioritarios. Coa escusa do terrorismo asegúranse a posibilidade de ilegalizar a outras candidaturas molestas.

Os humanistas defendemos unha Democracia Real e por iso, solicitamos a revisión da ilegalización de "Iniciativa Internacionalista", a derrogación da lei de Partidos así como a modificación da Lei Electoral para garantir o dereito de todos os cidadáns (incluídos os inmigrantes empadroados) a elixir e ser elixidos en igualdade de condicións.

No hay comentarios: