Os humanistas non queremos amos; non queremos dirixentes nin xefes, nin nos sentimos representantes nin xefes de ninguén.
Os humanistas somos internacionalistas, aspiramos a unha nación humana universal. Comprendemos globalmente ao mundo en que vivimos e actuamos no noso medio inmediato. Non desexamos un mundo uniforme senón múltiple.
Documento Humanista.

martes, 26 de febrero de 2008

Acto na Coruña: CAMBIO DE DATA!!!

O Vindeiro luns 3 de marzo, as 20.30horas, na Asociación Veciñal AGRA, situada na rúa Entrepeñas, 38 presentaremos o noso programa electoral aos veciños da Coruña.

Participarán no acto:

Juan Carlos Reguera Pena, candidato ao Senado
Rubén Sánchez Imizcoz, candidato ao Congreso
Óscar F. García González, candidato ao Congreso

Ao finalizar as intervencións, responderán as dúbidas dos asistentes.

Grazas polo seu interese.


Mapa de Localización

Ver mapa más grande

1 comentario:

Óscar García dijo...

Por motivo da concentración convocada pola Marcha Mundial de Mulleres na Coruña onte ás 20.30, polo asasinato de catro mulleres a mans das súas parellas, decidimos cambiar o día do acto, co permiso da Asociación Veciñal AGRA, á que agradecemos as facilidades que nos deu.

O acto será o vindeiro luns 3 de marzo ás 20.30 no mesmo lugar